As fontes de Aragón, iluminadas de vermello polo Día da insuficiencia cardíaca
O Concello súmase este 9 de maio á conmemoración do Día Mundial da Insuficiencia Cardíaca iluminando de vermello as fontes da rúa Aragón. Nesta xornada quérese promover a concienciación social sobre esta afección e sobre os factores de risco que están asociados ao seu desenvolvemento.
