O Ministerio de Industria adxudica 29 millóns de euros a Stellantis Vigo do PERTE VEC II
O ministro, Jordi Hereu, tamén notificou que a semana que vén, Industria lanzará a terceira convocatoria do PERTE VEC dotada con 300 M€. “O PERTE VEC III completará o que Stellantis necesita para o seu proxecto”, indica Caballero.

Abel Caballero quixo recoñecer hoxe a achega de 29 millóns de euros que realiza o Ministerio de Industria a Stellantis Vigo, a través do PERTE VEC II, “que son moi importantes para a planta de Vigo”.
“No terceiro PERTE haberá unha asignación a Stellantis Vigo, que completará a cifra que precisan para levar adiante o proxecto do Vehículo Eléctrico e Conectado”, aclarou o rexedor olívico. “Isto garante que Stellantis estará en Vigo os vindeiros 50 anos”, xa que nestes intres tamén “temos en marcha a liña de Moi Alta Tensión eléctrica”, presupostada en 72 millóns de euros polo Goberno de España.

