O alcalde coñece o “hospital a bordo” de Vithas para buques en alta mar
Abel Caballero visitou o Hospital Vithas Vigo onde a dirección do centro fixo un simulacro do servizo de “hospital a bordo” que xa dá servizo a unha trintena de embarcacións. Desde Vigo e para todo o mundo, con esta ferramenta as tripulacións dos barcos que faenan en alta mar teñen ao seu alcance un servizo de urxencias xerais e con especialistas médicos, así como consultas programas e mesmo o seguimento de pacientes con hospitalización a bordo. O alcalde louvou a asistencia sanitaria en embarcacións e considerou que se trata “dunha garantía moi importante para as tripulacións en alta mar”, amais de considerar que pode extrapolarse a outros ámbitos e sectores.




