Escoitar

O goberno municipal dedica 251.000 euros á actividade cultural da cidade

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as subvencións a catro entidades culturais co fin de “seguir facendo de Vigo unha grande cidade da cultura”.

martes, 7 mai 2024
Imaxe de arquivo dun dos espectáculos de VigoCultura 2024
Imaxe de arquivo dun dos espectáculos de VigoCultura 2024

O alcalde deu conta este martes da aprobación por parte da Xunta de Goberno das subvencións a catro entidades culturais da cidade: 150.000 euros para a Orquestra Sinfónica Vigo 430 para desenvolver a temporada de concertos, 90.000 euros para o XXX Festival Folclórico Internacional Vigo 2024, que se celebrará durante o verán; 6.000 euros para a programación escénica que organiza a Sala Ártika e 5.000 euros para o Teatro Ensalle.

“Seguimos facendo de Vigo unha grande cidade da cultura”, engadiu Abel Caballero ,poñendo en valor o apoio municipal a estas entidades.

Descargar todas as imaxes