Escoitar

O HALO adapta o seu funcionamento aos horarios dos trens da estación de Urzáiz

Os novos horarios amplían a utilización do ascensor de domingo a xoves desde as 5:30 ás 00:30 horas e os venres, sábado e vésperas de festivo desde as 5:30 ás 02:00 horas.

luns, 6 mai 2024

O alcalde anunciou que o HALO ampliará o seu horario de utilización. Deste xeito, o ascensor da estrutura que une a a zona do Areal coa estación de Urzáiz e Vía Norte pasará a estar operativo desde as 5:30 da mañá ata as 00:30 horas de domingo a xoves. Os venres, sábados e vésperas de festivo o HALO funcionará entre as 5:30 e as 02:00 horas.

Estes novos horarios permiten atender a saídas e chegadas de todos os tren á estación de Urzáiz e a afluencia de máis persoas á zona os fines de semana. Para Caballero “o HALO é a crónica dun éxito anunciado”: “Está causando unha verdadeira atención sobre Vigo outra vez. Recibimos miles de felicitacións. A cidade volveu a acertar co deseño da nosa propia modernidade”.

Descargar todas as imaxes