Escoitar

Que Faena(r)!, pavillón temporal do Festival TAC na Porta do Sol

Abel Caballero valorou o “extraordinario” deseño do pavillón seleccionado para acoller a sede viguesa do festival de arquitectura urbana que encherá de actividades a Porta do Sol entre o 13 de xuño e o 14 de xullo.

luns, 6 mai 2024
Deseño alzado do proxecto gañador Que faena(r)!
Deseño alzado do proxecto gañador Que faena(r)!

O Festival TAC de arquitectura urbana vén de seleccionar os proxectos gañadores para os pavillóns temporais que serán a sede do encontro nesta edición de 2024. No caso de Vigo a proposta gañadora é “Que faena (r)!”, dos arquitectos Óscar Cruz e Pablo Paradinas que propoñen un deseño baseado na tradición pesqueira e a modificación da paisaxe asociada ás bateas. O pavillón temporal, situado na Porta do Sol, inspírase na pesca tradicional cunha estrutura de madeira con redes que colgan de diferentes mastros.

O alcalde puxo en valor a proposta considerando que o “extraordinario” deseño conformará un pavillón que será “un reclamo extraordinario para a cultura da pesca da cidade”.

O Festival TAC 2024! seleccionou a cidade de Vigo e a de Cádiz como sedes do encontro deste ano. Organizado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana conta coa colaboración do Concello para as actividades que se desenvolverán ao longo dun mes na cidade, co pavillón efémero situado na Porta do Sol como sede central. Nese espazo haberá unha ampla programación cultural desde o 13 de xuño e ata o 14 de xullo con propostas culturais, lúdicas, cívicas... “e todo levado adiante polo Concello e o Ministerio”, recalcou Caballero.

 

 

Deseño alzado do proxecto gañador Que faena(r)!
Descargar todas as imaxes