Escoitar

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta de Goberno adxudicou os servizos para a divulgación dos espazos musealizados no Castro.

venres, 3 mai 2024

Abel Caballero celebrou os datos de ocupación hoteleira do mes de abril: “Seguimos sendo e somos unha gran potencia turística, a cidade con máis turismo de toda Galicia”, expuxo o rexedor ao anunciar que no mes de abril se rexistrou unha ocupación hoteleira do 59%.

“É unha ocupación moi importante, similar á do ano pasado e iso que en abril de 2023 foi Semana Santa”, explicou o alcalde. O turismo internacional supuxo o 39% do total das pernoctacións. Destaca Portugal, sendo un 25% dos internacionais, seguidos polos estadounidenses 13%, alemáns 10%, Reino Unido 6% e Italia 5%. O turismo nacional foi do 49%.

Galerías do Castro

A Xunta de Goberno adxudicou os servizos de divulgación dos espazos musealizados da fortaleza de Vigo por un importe de 164.000 euros. O alcalde explicou que se trata das visitas guiadas aos túneles e a fortaleza de O Castro “onde se conta a historia da cidade”.

Caballero louvou que Vigo estea a ofrecer estas visitas de xeito gratuíto: “Noutras cidades págase por visitar museos ou utilizar os ascensores”, concluíu.

Descargar todas as imaxes