Abel Caballero recibiu esta mañá ao subdelegado do ministerio de Defensa, Miguel Cortés
O rexedor e o coronel Miguel Cortés mantiveron esta mañá un encontro nas dependencias municipais, no que aproveitaron para afondar na labor deste departamento e explorar posibles actividades de traballo dentro da cidade. O subdelegado agasallou a Caballero cun cadro, no que se contempla un mapa de Vigo do ano 1812.
