Escoitar

A cidade xa dispón dun segundo punto limpo de proximidade

Caballero destacou que se “localizará na rúa Martín Echegaray, ao carón da rotonda do barco Alfageme”. A finalidade é seguir impulsando a correcta separación e reciclaxe entre a cidadanía.

xoves, 2 mai 2024

O Concello de Vigo acaba de incorporar un segundo punto limpo de proximidade no centro urbano, que se suma ao que xa estaba activo na Praza da Independencia.

Situado na rúa Martín Echegaray, xunto a rotonda do barco Alfageme, trátase dun punto de depósito que “vén facilitar e reforzar a reciclaxe de residuos”, ao contar con diferentes compartimentos para a separación efectiva de residuos como: tóner, aerosois, pilas, bombillas de baixo consumo, roupa, zapatos, pequenos electrodomésticos, aceite, CD’s, fluorescentes, radiografías, cápsulas de café ou cintas de vídeo.

Os contedores interiores destes mobles son de plástico estándar, teñen unha capacidade de 80 litros e están equipados con rodas, tapa e máis asa.

Descargar todas as imaxes