venres, 25 set 2026
O alcalde saudou esta mañá aos asistentes á terceira edición do Vigo Vertical Summit no que participaban 150 empresas e máis de 200 profesionais. Na súa intervención, puxo en valor o formato dinámico dun evento organizado no Palacio da Oliva con relatorios, entrevistas ou mesas de debate. Ademais de destacar a cultura do emprendemento que caracteriza á cidade, salientou que unha parte moi importante da economía vén da man do “coñecemento e da confianza”.
venres, 25 set 2026
A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) presentou hoxe no Concello de Vigo as Xornadas Nacionais de Xornalismo e Deporte. Esta nova edición desenvolverase os días 5 e 6 de outubro no Estadio Municipal de Balaídos.
xoves, 24 set 2026
Abel Caballero saudou este xoves á tripulación da Flotilla da Liberdade que fixo escala en Vigo na súa travesía rumbo a Gaza que continuarán nas próximas semanas coa previsión de que sexa “titánica”. O rexedor trasladoulles a solidariedade da cidade e o seu posicionamento sempre en favor dos dereitos humanos.
xoves, 24 set 2026
Abel Caballero recibiu este xoves ao seleccionador nacional de baloncesto feminino, o vigués Miguel Méndez, e a Cristina Cantero, membro do corpo técnico da selección e adestradora do Celta Baloncesto Feminino, que acaban de gañar a medalla de bronce no Mundial de Baloncesto celebrado en Berlín. O rexedor puxo en valor o traballo realizado por Méndez e Cantero, o esforzo e o exemplo da súa dedicación a este deporte e trasladoulles a felicitación de toda a cidade polo gran éxito acadado.
xoves, 24 set 2026
O alcalde felicitou a Alén Space, organizadora do encontro, que reúne a máis de 250 asistentes, 40 relatores e 120 empresas de España, Europa e Latinoamérica, pola súa contribución a propiciar que "o SiIicon Valley do segundo cuarto do século XXI se chame Vigo”.
xoves, 24 set 2026
O escritor Julio Verne volverá estar presente en Vigo coa mostra inmersiva organizada en conmemoración do segundo centenario do seu nacemento e que en 2027 será referente de todo o noroeste peninsular. Así o destacou este xoves o alcalde ao indicar que o Concello destinará máis de dous millóns ao montaxe da iniciativa cultural.
xoves, 24 set 2026
Abel Caballero informou este xoves da tramitación do concurso para o deseño e realización dunha escultura que a cidade lle dedicará a Iago Aspas en recoñecemento á súa traxectoria como xogador do Celta.
mércores, 23 set 2026
Abel Caballero visitou este mércores a sede do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo para coñecer de primeira man a actividade investigadora que, segundo lle trasladaron, está a ter “impacto en Galicia, en España e na comunidade científica internacional”.
mércores, 23 set 2026
O alcalde recalcou este mércores que os datos das reservas hídricas, cos encoros de Eiras e Zamáns ao 51 e ao 43 por cento respectivamente, así como as indicacións dos enxeñeiros do Colexio de Camiños, Canles e Portos de Galicia apuntando que “Vigo necesita de forma obxectiva acumular auga para garantir o abastecemento”, avalan a súa reiterada demanda á administración galega de construír un novo encoro.
mércores, 23 set 2026
Na súa intervención no acto do 140 aniversario da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, o alcalde puxo en valor o traballo destas entidades e, en particular, eloxiou o papel de José García Costas, que recibiu a Medalla de Ouro da Orde da Cámara de Comercio de España.