martes, 30 xuñ 2026
O alcalde visitou esta mañá as instalacións centradas na investigación mariña, situadas en Cabo Estai. Acompañado pola directora do Instituto Español de Oceanografía, Rosa Figueroa Pérez, así como por Pablo Otero Tranchero, responsable do Centro Oceanográfico de Vigo; Carmen González Sotelo, delegada institucional do CSIC en Galicia, e pola concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, o rexedor interesouse polas distintas liñas de investigación que centran a actividade das 197 persoas que traballan no centro.
luns, 29 xuñ 2026
O alcalde mantivo contacto co titular de Xustiza, Félix Bolaños, quen lle trasladou que o Ministerio xa recibiu o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial e está a elaborar a versión definitiva do decreto de novos xulgados.
venres, 26 xuñ 2026
Tras os devastadores terremotos sufridos en Venezuela, o rexedor vigués convocou ás 12:00 horas desta mañá tres minutos de silencio na Praza do Rei, na que participou a Corporación Municipal. O alcalde transmitiu o pesar da cidade ante esta traxedia e trasladou "unha aperta de agarimo a todo o pobo irmán de Venezuela, a todas as venezolanas e a todos os venezolanos alí en Venezuela, aos que están nesta cidade e en tantos lugares; que sintan o noso afecto, que sintan a nosa proximidade nun momento tan duro e tan difícil".
venres, 26 xuñ 2026
O alcalde avanzou que o Goberno municipal investirá 639.000 euros. “Seguimos traballando por Vigo”, afirmou.
xoves, 25 xuñ 2026
O alcalde avanzou este xoves o investimento de 179.000 euros na mellora dos baixos comerciais da Porta do Sol, entre a rúa Elduayen e a praza de Argüelles. “Imos integralos nun espazo urbano cun gran valor patrimonial”, afirmou.
xoves, 25 xuñ 2026
Abel Caballero asistiu este xoves á toma de posesión de Carmen García Mateo como reitora da Universidade, a primeira muller en asumir ese cargo na historia da institución educativa.
martes, 23 xuñ 2026
A proba, clasificatoria para o campionato europeo que se celebrará o 30 de agosto na localidade francesa de Brest, contará coa participación de deportistas de 12 comunidades autónomas e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. O alcalde presentou hoxe o torneo que se celebra os próximos sábado 27 e o domingo 28 no campo de regatas de Rande.
martes, 23 xuñ 2026
O programa despregará unha oferta lúdica para aprender, crear, xogar e compartir experiencias. Participarán 20 nenos por actividade.
luns, 22 xuñ 2026
O alcalde presentou esta mañá a oitava das doce probas anuais que conforman o circuíto de carreiras populares Run Run Vigo. Comezará ás 21.00 horas de mañá martes, desde a rotonda da Praza do Bicentenario, para finalizar na praza do Berbés cunha sardiñada. Este ano baterase a marca de participación.
luns, 22 xuñ 2026
Abel Caballero participou esta mañá na presentación da 59 edición da proba do motor, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de xullo.