Vigo reúne ao sector da refrixeración e a climatización na Xornada Aberta Asofrío

xoves, 19 nov 2026

O alcalde agradeceu a elección de Vigo como sede da Xornada Aberta Asofrío, un foro profesional impulsado por dita plataforma de servizos que agrupa a 33 empresas de refrixeración e climatización con máis dun milleiro de traballadores. No encontro participou tamén a firma viguesa Odefri, que conta con 50 empregados en Coruxo e forma parte do Consello de Dirección de Asofrío, nunha xornada concibida para analizar os retos presentes e futuros do sector.

O alcalde e Pedro Sánchez visitan Delta Vigo

xoves, 1 out 2026

O presidente do Goberno percorreu as instalacións da factoría no Polígono de Valadares da man do seu máximo responsable, Francisco Puga, quen lle trasladou os seus proxectos de automoción, de defensa e, especialmente, de aeronáutica, un ámbito no que traballan con Airbus. O alcalde destacou o “nivel extraordinario de Delta en Europa” e congratulouse pola visita de Pedro Sánchez á cidade para apoiar “a industria, a economía e o que somos capaces de facer en Vigo”.

O alcalde traslada o compromiso municipal na xornada “Descarbonización na BIOeconomía azul”

martes, 30 xuñ 2026

Durante a clausura do encontro, organizado por Anfaco-Cytma, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Alianza Q-Cero, da que forma parte Iberdrola e que promove a descarbonización en España, Abel Caballero felicitou á organización e explicou que unha parte importante da enerxía verde que emprega o Concello é verde, como ocorre cos ascensores ou as ramplas mecánicas: "É o noso compromiso co que sucede; compartimos o voso traballo" e avanzou que seguirá apostando pola eficiencia enerxética e o consumo responsable. A xornada contou coa participación do sector empresarial do mar-industria, da acuicultura, da pesca, da loxística portuaria, da refrixeración e da xestión da pegada de carbono. Serviu para debater e analizar os principais retos e oportunidades da descarbonización no ámbito da bioeconomía azul, con atención á sostibilidade, á eficiencia enerxética e á transición cara modelos produtivos máis competitivos e respectuosos coa contorna.