A implantación da moi alta tensión en Vigo avanza a “velocidade de cruceiro”
Caballero amosouse esta mañá “encantado” co avance da instalación da moi alta tensión no territorio. O DOG publicou onte o Estudo de impacto ambiental dun proxecto crucial para o futuro da industria do territorio.
O DOG publicou onte o Estudio de impacto ambiental do proxecto da moi alta tensión para Vigo que avanza a “velocidade de cruceiro”. Caballero amosou o seu entusiasmo cun investimento de 72 millóns que suporá modernidade e garantía para permanencia da industria local. Logo de agradecer ao Goberno Central o seu compromiso co territorio, explicou que estase a trazar unha conexión de 21,4 quilómetros dos que case 13 estarán soterrados.