Escoitar

Caballero despide aos alumnos que participan no programa “Vigo en Inglés”

Abel Caballero despediu aos primeiros alumnos que saíron cara o Reino Unido e Irlanda para participar no programa “Vigo en inglés". Este ano 1.015 estudantes de cuarto Educación Secundaria contan coa bolsa municipal. Durante tres semanas mellorarán as súas competencias no coñecemento do idioma inglés.

martes, 8 set 2026

O alcalde remarcou que o Concello financia con 3.284.455 euros un programa de inmersión lingüística que destina 3.255 euros a cada alumno participante. “É unha inciativa de éxito. Trátase de permanecer no Reino Unido ou en Irlanda durante case un mes e vivir cunha familia inglesa e realizar cursos intensivos de inglés, alén de realizar toda a actividade vital en inglés”, recalcou o alcalde.

Caballero explicou que se atopa en estudo rebaixar nun punto e pasar de 7 a 6 para que dentro de dous anos poidan optar a unha bolsa outros 300 ou 400 estudantes .

 

 

Descargar todas as imaxes