Escoitar

Vigosónico oferta clases gratuítas de baixo, guitarra, batería e canto

Xa está aberto o prazo de inscrición nas clases de iniciación musical na Academia Vigosónico. A formación comezará o martes 15 de setembro para alumnado de entre 10 e 35 anos.

martes, 8 set 2026

O Concello abriu as inscricións na Academia Vigosónico, un programa municipal de iniciación musical que oferta clases gratuítas de baixo, guitarra, batería e canto nas instalacións de Vigosónico.

Tal e como detallou Caballero, está dirixido a persoas empadroadas en Vigo desde os 10 ata os 35 anos (a partir de 36 años só poderán acceder se quedan vacantes dispoñibles). As inscricións estarán abertas ata completar prazas e as clases arrancan o martes 15 de setembro. Os martes será a quenda de baixo, canto e técnica vocal e o mércores, de guitarra e batería.

Esta iniciativa facilita o acceso á formación musical e ofrece á mocidade un espazo no que aprender e desenvolver o seu talento, compartindo experiencias da música. Tŕatase dun programa completamente gratuíto.

 

Descargar todas as imaxes