Vigo envía a 24 novos estudantes a aprender inglés no Reino Unido

xoves, 10 set 2026

Abel Caballero despediu a 24 novos rapaces e rapazas que marchan cara a Reino Unido para realizar a súa estadía coa beca do Concello co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento en inglés. Alumnado do IES Alexandre Bóveda e o IES Álvaro Cunqueiro viaxan a Twickenham, ao Richmond Upon Times School, onde estudarán o idioma. Co programa municipal de inmersión lingüística gozarán dunha estadía de tres semanas para mellorar as súas competencias en inglés.

Caballero despide a alumnado do programa "Vigo en Inglés"

mércores, 9 set 2026

Abel Caballero achegouse este mércores á praza de Vialia onde saudou aos estudantes do IES Beade e do IES Santa Irene, 23 mozas e mozos que estudarán en Dublín, no Deansrath Community College. Pola tarde, despediu ao alumnado dos colexios Barreiro, Montesol e Santa Cristina que parten cara Liverpool para aprender inglés en The Belvedere Academy. Co programa municipal de inmersión lingüística gozarán dunha estadía de tres semanas para mellorar as súas competencias lingüísticas. Este ano 1.015 estudantes de cuarto de Educación Secundaria participan no Vigo en Inglés.

Volven as visitas guiadas para escolares nos museos municipais

mércores, 9 set 2026

O Concello retoma este curso o programa de visitas guiadas á rede dos museos municipais dirixido a escolares de todas as etapas educativas. Desde o luns 14 ao mércores 30 de setembro, os centros educativos interesados en participar no programa cultural, que inclúe desprazamentos gratuítos en autobús, poderán inscribirse para participar na actividade didáctica, incluídos o programa Concello Educa, que terán lugar no Museo Quiñones de León e no CMAG Vigo-Casa das Artes.