O alcalde anima a participar no XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego organizado coa Uvigo

martes, 10 feb 2026

As facultades de Enxeñería Industrial e de Minas acollerán os próximos días 24 e 25 de febreiro a vixésimo sexta edición do “Foro Tecnolóxico de Emprego” organizado pola Universidade de Vigo e o Concello para fomentar a relación entre estudantes e empresas. O alcalde e varios estudantes que están na organización do foro animaron hoxe ao alumnado a participar nas actividades previstas, entre as que destacan entrevistas rápidas, “speed-recruting”, entre empresas e a mocidade.

A Corporación demanda á Xunta a renovación das caldeiras dos colexios públicos para garantir o confort térmico

luns, 29 dec 2025

O Pleno da Corporación Municipal acordou hoxe, cos votos a favor dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG e a negativa dos edís do PP, esixir á Consellería de Educación un plan “serio e calendarizado” para substituír todas as caldeiras dos colexios públicos da cidade coa finalidade de garantir o confort térmico da comunidade escolar, así como dotar ao CIPF Manuel Antonio do persoal docente necesario para atender a todo o alumnado.

O Concello aproba a prórroga do contrato do programa "Vigo en inglés" por 3 millóns de euros.

venres, 26 dec 2025

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este venres a prórroga do contrato do programa didáctico “Vigo en inglés” por 3 millóns de euros. Abel Caballero avanzou que en 2026 máis de mil estudantes permanecerán durante un mes en Reino Unido e Irlanda becados polo Concello. "Vigo é a cidade de España que fala mellor inglés e moito ten que ver que miles de mozos foron a estudar o idioma ao estranxeiro", remarcou o rexedor.