Escoitar

O Concello afronta a reparación urxente das fochancas xeradas polos temporais

O Concello activa un plan especial especial para a reparación urxente das fochancas das calzadas que están deterioradas como consecuencia dos temporais que se suceden desde hai dous meses. “Estamos xa atendendo os casos máis urxentes e importantes”, avanzou este xoves o alcalde ao apuntar que as obras se realizarán coa máxima velocidade.

xoves, 19 feb 2026

Abel Caballero, tras explicar que as obras de reparación están condicionadas pola choiva, anunciou que comezan “xa” aproveitando a previsión de bo tempo. “Imos actuar a toda velocidade, o máis rápido posible. Cremos que nun prazo dun mes e medio poderemos ter todo nas mellores condicione posibles”, avanzou ao sinalar que as reparacións tamén incluirán muros e noiros.

O Concello mellorará un total de 450 rúas, entre as que se atopan nas que xa se ten actuado: Gregorio Espino, Colón, Urzáiz, Jenaro de la Fuente, túnel de Beiramar, Sanjurjo Badía, Rola, #Ecuador, México, Brasil, Paraguai, Palencia, Torrecedeira, María Berdiales, Maceiras, Fragoso, contorna de Balíados, vial de Bouzas, Citröen, Castrelos e Camiño Regueiro.

O alcalde indicou que nas zonas con áreas extensas danadas procederase ao asfaltado.

Escolas infantís

A Xunta de Goberno do Concello aprobará mañá a contratación do servizo de xestión da escola infantil municipal de Navia ata o ano 2030 por 1.270.000 euros, cunha media anual de 317.500 euros.

Entre os acordos do goberno local tamén figura a prórroga durante un ano da xestión da escola infantil da Praza da Industria por 232.924 euros.

Caballero lembrou que as nove escolas municipais do Concello de Vigo as familias non pagan nada polos servizos recibidos. “As familias non pagan nada, nin as matrículas, nin o servizo de comedor e a atención psicopedagóxica”, recalcou o rexedor. O rexedor lembrou que a Xunta cobra o comedor e as atencións que non forman parte das actividades formativas.

“Estamos moi orgullosos das escolas infantís municipais”, incidiu Caballero.

Descargar todas as imaxes