O Auditorio Mar de Vigo acollerá en 2026 tres produccións internacionais de grandes óperas
Este contenedor cultural consolida a súa aposta pola lírica cunha ambiciosa temporada que reunirá tres títulos esencias do repertorio universal: La Traviata, Madama Butterfly e Pagliacci. Estas tres producións de gran formato sitúan a Vigo como un dos epicentros culturais máis destacados do noroeste peninsular.
O alcalde avanzou mañá a “gran ambiciosa” temporada de opera programada no Mar de Vigo para 2026. Tres producións de gran formato que ofrecerán unha experiencia de primeiro nivel con máis de 70 artistas en escena, orquestra e coro propios, solistas internacionais invitados e tradución simultánea ao castelán. O 12 de marzo, chegará La Traviata de Giuseppe Verdi, símbolo do romanticismo italiano e unha das óperas máis representadas do mundo pola súa intensidade dramática e emocional.
O 31 de outubro, chegará Madama Butterfly de Giacomo Puccini, una partitura de extraordinaria beleza que combina lirismo, delicadeza e unha poderosa carga emocional. A temporada culminará el 1 de novembro con Pagliacci, de Ruggero Leoncavallo, un drama onde a paixón e os celos desdebullan a fronteira entre escena e realidade.
As representacións estarán a cargo da Compañía de Ópera LGAM (Leonor Gago Artisti Management) en colaboración coa Ópera Nacional de Moldavia, unha das institucións líricas máis prestixiosas de Europa Oriental con máis de 200 funcións anuais e unha intensa actividade internacional.