xoves, 19 feb 2026
O alcalde avanzou que está “moi preto” de pechar a recuperación do voo directo Vigo–Londres e remitirá unha carta aos presidentes da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para financialo entre as tres administracións. “En caso de que non queiran, pagarano todo o Concello de Vigo”, afirmou.
xoves, 19 feb 2026
O alcalde desvelou que o día 2 de marzo manterá un encontro en Madrid coa ministra de Deportes, Milagros Tolón, a que “quero contarlle ben o que sucede con Vigo e a oposición feroz que ten a candidatura de Vigo, reunindo todas as condicións e cumprindo cos requisitos da FIFA”. O Concello de Vigo recepcionou esta maña o cambio da cuberta da Pista Vermella.
xoves, 19 feb 2026
Caballero participou esta tarde na inauguración de “Vigo. Luz e cor” que permanecerá na Casa das Artes ata o 26 de abril. Trátase dunha mostra de Barreiro que aglutina pinturas de circo, músicos, bodegóns ou paisaxes urbanas dun dos “grandes artistas da historia de Galicia e moi conectado coa cidade”.
xoves, 19 feb 2026
Este contenedor cultural consolida a súa aposta pola lírica cunha ambiciosa temporada que reunirá tres títulos esencias do repertorio universal: La Traviata, Madama Butterfly e Pagliacci. Estas tres producións de gran formato sitúan a Vigo como un dos epicentros culturais máis destacados do noroeste peninsular.