luns, 16 febreiro 2026

O Concello acudirá á FIFA se a RFEF non envía a candidatura de Vigo

O alcalde explicou que enviou esta mañá unha carta ao presidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, na que lle esixe a “inclusión da cidade como sede do Mundial 2030” e “o traslado á FIFA para completar a listaxe das 11 sedes”. Na reunión de novembro das sedes seleccionadas só participaron 10 cidades, quedando unha praza sen completar.

O alcalde recibe á nova comisaria de Seguridade Cidadá da Policía Nacional

luns, 16 feb 2026

Abel Caballero mantivo un encontro este luns con Miriam Rifai Corpas, que acaba de incorporarse á comisaría de Vigo-Redondela como Xefa da Brigada Local de Seguridade Cidadá, sendo a primeiro muller en asumir o cargo de comisaria na Policía Nacional da cidade. Na reunión estiveron presentes tamén o comisario xefe de Vigo, Ramiro Gómez; a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva e a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, e serviu para abordar o mantemento da coordinación fluída e próxima que mantén o Concello, a Policía Local e a Policía Nacional.

As actividades do Entroido desenvolveranse no edificio do Concello

luns, 16 feb 2026

Debido ás condicións climatolóxicas, a programación do Entroido desenvolverase o luns e o martes na entrada da Casa Consistorial e no Auditorio Municipal. Aprazada a queima do Meco e o traslado das exequias funerarias ao sábado ás 19 horas. O concerto da orquestra París de Noia será na Porta do Sol o venres ás 21 horas.