Escoitar

O Goberno local inicia a tramitación ambiental do Plan do Ensanche

Segundo informou o alcalde, servirá para deseñar a cidade dos vindeiros 20 anos. O documento aposta pola protección do patrimonio, a arquitectura contemporánea e a mellora do espazo público.

venres, 13 feb 2026

O Plan do Ensanche prevé a ampliación do propio ámbito e un exhaustivo estudo do patrimonio arquitectónico, que permitirá duplicar o número de elementos catalogados con respecto ao planeamento anterior.

Neste contexto, Caballero puxo en valor a relevancia da arquitectura contemporánea, destacando obras de arquitectos como Fernando Araújo, Pérez Llorente, Alberto Baltar, Desiderio Pernas, Bar Boo ou Castro Represas, entre outros “brillantes e recoñecidos profesionais”.

O Plan do Ensanche incorpora tamén unha clara aposta pola mellora do espazo público e pola mobilidade sostible. Entre as diferentes opcións en estudo, o alcalde salientou a ampliación futura do túnel desde a Porta do Sol coa posibilidade de chegar ata a intersección de García Barbón con Serafín Avendaño.

No ámbito da reorganización urbana, o plan contempla a creación dun espazo semipeonil en Policarpo Sanz, con acceso restrinxido a residentes, así como un forte protagonismo do espazo peonil en García Barbón.

“Estamos a falar dun desenvolvemento de futuro, dun Vigo pensado para dentro de 15 ou 20 anos”, concluíu o alcalde.

Descargar todas as imaxes