venres, 13 febreiro 2026

Abel Caballero: "Estamos preparados para ser sede do Mundial de 2030"

O presidente da Zona Franca e alcalde de Vigo, Abel Caballero, o delegado do Consorcio, David Regades, a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, protagonizaron esta mañá a firma da cesión do dereito de superficie ata 2081 da parcela sobre a que se asenta a Grada de Río do Estadio Municipal de Balaídos. O acordo afianza o compromiso de Vigo para ser sede do Mundial 2030, segundo recalcou o rexedor. “Estamos preparados para o Mundial. Imos ampliar a Grada de Tribuna e chegar aos 43.000 espectadores con ou sen Mundial. Imos facela porque para o Celta e para a cidade é imprescindible”, recalcou.

As fontes de Aragón ilumínanse de dourado polo cancro infantil

venres, 13 feb 2026

Este domingo, 15 de febreiro, a cidade súmanse á conmemoración do Día Internacional do cancro infantil iluminando de dourado as fontes da rúa Aragón, en resposta á petición da Asociación de Cancro Infantil e Juvenil de Galicia (Asanog) e da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Con este xesto, queren concienciar sobre a importancia da detección prezos e o acceso a tratamentos especializados

Vigo embarca o coche número 15 millóns

venres, 13 feb 2026

O alcalde asistiu este venres ao acto de celebranción do embarque do vehículo número 15 millóns -unha furgoneta Citroën Berlingo- producido na factoría viguesa Stellantis, un fito para a industria automobilística da cidade. Abel Caballero afirmou que "os 15 millóns de coches exportados son un mérito de Stellantis e que cando a cidade funciona o porto crece". O acto celebrado na terminal de Bouzas serviu tamén para homenaxear a catro empresas, que recibiron unha metopa: Ceva Logistics, Termicar, Suardíaz e Stellantis.