Escoitar

Vigo apoia a Gala Solidaria Bicos de Papel, con recaudación para a terapia ocupacional dos menores con cáncer

O alcalde animou este xoves á cidadanía de Vigo a participar na IX Gala Solidaria Bicos de Papel, que terá lugar este domingo 15 de febreiro no Teatro Cine Salesianos coincidindo co Día Internacional contra o cancro infantoxuvenil, para contribuír ao “traballo extraordinario e insubstuíble” de atención aos menores con cancro e en apoio ás súas familias.

xoves, 12 feb 2026

Abel Caballero reiterou hoxe á directora da asociación sen ánimo de lucro “Bicos de Papel”, Natalia Dieste, “todo o apoio” do Concello de Vigo polo seu traballo “encomiable e insubstituíble” en favor das nenas e nenos con doenzas oncolóxicas que reciben tratamento na unidade de oncoloxía pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro.

A directora da asociación destacou que toda a recadación deste ano vai destinada de forma íntegra ao servizo de terapia ocupacional co que os menores melloran a súa autonomía, benestar emocional e a calidade de vida ao longo do proceso da enfermidade, a recuperación das secuelas e na adaptación á súa vida cotiá. Indicou que neste momento dez nenos cun tumor cerebral reciben a atención dun servizo que mostra evidencia de melloras nos pacientes, de aí a aposta por amplialo.

Natalia Dieste animou a participar na gala solidaria que conta cunha entrada de 8 euros, á vez que lembrou que a Fundación Mediolanum duplicará as doazóns conseguidas a través da plataforma de venda “O meu gran de Area” . Todos os artistas e grupos participantes, Argonat Band, Unidance, Nelson Quinteira e Simia Coro Band, actúan de forma gratuíta. Os nenos que asistan disfrazados recibirán un premio.

Descargar todas as imaxes