Escoitar

Vigo contará cun novo local para uso público no Auditorio Mar de Vigo

Vigo contará cun novo espazo para uso público no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo tras a transformación do local situado no baixo do edificio. O Goberno Municipal adxudicou o proxecto para adaptar o espazo aos novos usos, segundo avanzou hoxe o alcalde. “Un novo espazo que poñemos ao dispor da cidade”, destacou.

mércores, 11 feb 2026

Abel Caballero explicou este mércores que o Concello proxecta utilizar o local que se atopa no baixo situado na entrada do Auditorio. Dotado cunha superficie de 3.400 metros cadrados, un total de 2.500 metros cadrados do espazo destinaranse para uso cidadán.

O alcalde explicou que o Concello nestes momentos atópase na fase da redacción do proxecto, por 18.000 euros, coa finalidade de reordenar todo o baixo, xa que neste momento só existe un chan de cemento e columnas. “Temos que delimitar os sectores do novo local, así como a distribución das paredes, deseñar os sistemas de seguridade e adaptar o espazo á normativa de accesibilidade”, detallou o rexedor ao incidir en que o obxectivo é adaptar o espazo ao novo uso para distintas actividades “de gran utilidade para a cidade”.

 

Descargar todas as imaxes