Escoitar

Denso Vigo e a Asociación de Representantes do Comercio, Vigueses Distinguidos 2026

O Concello propoñerá á compañía situada no Polígono Tecnolóxico e Loxístico de Valadares e á Asociación viguesa que acolle aos profesionais da venda para ser galardoados o vindeiro mes de marzo.

martes, 10 feb 2026

O alcalde avanzou este martes dous novos receptores dos premios Viguesas e Vigueses Distinguidos 2026 no ámbito empresarial e comercial: Denso Vigo e a Asociación Provincial de Representantes do Comercio.

Caballero explicou que Denso Vigo “acaba de cumprir dúas décadas de extraordinaria actividade na cidade e queremos recoñecerlle o seu traballo”. A planta especializada na produción de sistemas de climatización e módulos de refrixeración para vehículos ten a súa sede no PTL de Valladares e conta con 365 traballadores.

A Asociación Provincial de representantes de comercio de Vigo, foi fundada no ano 1954 para representar, xestionar e defender os intereses dos seus asociados, que son os profesionais da venda. A entidade cumpre 71 anos de traxectoria cos integrantes “viaxando por toda a provincia cos seus produtos e seguen facendo un traballo excepcional”, apuntou o rexedor.

 

Descargar todas as imaxes