O Concello inicia a ordenación urbanística da confluencia entre Travesía de Vigo e Aragón
Caballero deu conta da inclusión de máis de 5.000 m2 de vivenda protexida, o que permitirá construír entre 65 e 80 pisos. Este desenvolvemento permitirá, ademais, mellorar os accesos ao CEIP Frián Teis.
O Concello está iniciando unha nova ordenación urbanística en Ventura González – Camiño Gonderán – Rosal (entre as rúas Travesía de Vigo e Aragón). Trátase, explicou Caballero, dunha superficie de 38.629m2 dos que o 45% é para uso residencial e o 55% restante, para usos terciarios.
Segundo detallou, este desenvolvemento permitirá mellorar as conexións viarias e peonís co colexio público Frián Teis, ademais de contar con novas zonas verdes e novos equipamentos públicos. Respecto da zona residencial, o 30% da mesma – 5.794m2 – será para vivenda de protección o que permitirá construír entre 65 e 80 vivendas. O ámbito tamén incorporará nunha nova zona comercial e de ocio.