Concello e Cámara de Comercio colaboran na organización de cursos de formación xuvenil
O alcalde anunciou que o Concello colaborará coa Cámara de Comercio na organización de actividades formativas para a mocidade que se desenvolverán na Casa da Xuventude, un espazo municipal que o Goberno municipal reformou en 2025 cun custo de case 100.000 euros.
Concello e Cámara de Comercio cooperarán na organización de cursos de formación para a mocidade. Logo de manter un encontro co presidente e xerente da Cámara de Comercio, José García Costas e Víctor Varela, respectivamente, Caballero deu conta da cesión de gratuíta dos espazos da Casa da Xuventude para que a organización empresarial implemente cursos cofinanciados polo Fondo Social Europeo.
Entre outras accións, están previstas formacións para fomentar o emprendemento e o impulso da creación de startups; apoio á inserción laboral co programa “Talento Novo Pice”, dirixido á mocidade de entre 16 a 29 anos que non estuda nin traballa e ás empresas que queiran contratar a mozos e mozas cualificadas.
Na súa intervención, o rexedor lembrou que o Concello vén de remodelar a Casa da Xuventude en 2025 cun orzamento de 99.766 euros.