Escoitar

Caballero reitera o seu apoio aos sanitarios de Vigo que urxen melloras na atención primaria e nas urxencias

Abel Caballero reiterou hoxe o seu apoio aos sanitarios da Comisión de Centro de Atención Primaria tras a concentración organizada este xoves ante o centro de saúde da rúa Cuba para reclamar á Xunta que resolva a “crítica” situación da atención sanitaria na área de Vigo.

xoves, 5 feb 2026

O alcalde agradeceu aos profesionais a mobilización realizada “porque están a defender á xente de Vigo e aos seus pacientes”.

A nova mobilización da sanitarios da área de Vigo incide nos problemas da espera de ata 15 días para conseguir unha consulta en Primaria, segundo lembrou hoxe Abel Caballero tras incidir en que entre os problemas denunciados tamén figura a existencia de cotas sen profesionais de referencia, ademais da saturación do Punto de Atención Continuada da rúa Pizarro e das urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O rexedor advirte que a situación actual empeorará coa apertura, o próximo mes de marzo, do novo centro de saúde Olimpia Valencia en Coia porque supoñerá o peche de dous centros de primaria: o Nicolás Peña e López Mora. A isto sumarase o traslado de consultas de familia de catro centros de saúde, Pintor Colmeiro, Coia, Rúa Cuba e Beiramar; ademais de pechar a pediatría doutros catro centros: Nicolás Peña, Pintor Colmeiro, López Mora e Coia.

Descargar todas as imaxes