Escoitar

Fundación Menela, Vida Digna e Gonzalo Davila, Vigueses Distinguidos 2026

O alcalde avanzou este mércores que propoñerá para os galardoados deste ano as dúas entidades sociais e ao ex director de Cáritas Vigo polo labor desenvolvido ao longo da súa traxectoria.

mércores, 4 feb 2026
Foto de arquivo do Castro
Foto de arquivo do Castro

O Concello de Vigo propoñerá que a próxima gala de entrega dos premios Viguesas e Vigueses Distinguidos recoñezan a contribución á cidade no ámbito social de Gonzalo Davila, ex director de Cáritas Diocesana Tui-Vigo; da Fundación Menela e de Vida Digna.

Tal e como explicou Abel Caballero, Gonzalo Davila foi durante nove anos o responsable da ONG na diocese Tui-Vigo, unha entidade que conta con 450 voluntarios e atende a persoas todo o ámbito: “Un recoñecemento e condecoración moi merecida”.

A Fundación Menela é unha entidade sen ánimo de lucro de labor “sobradamente coñecido”, que cumpre 50 anos de historia, dedicada á atención das necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e das súas familias desde os primeiros anos de vida e ata a idade adulta.

Respecto á asociación sen ánimo de lucro Vida Digna, nacida en Vigo hai 20 anos, desenvolve un “traballo excepcional” atendendo á cidadanía a través do seu comedor social, da repartición de alimentos, dos gabinetes de orientación e derivación, da asistencia legal, psicolóxica, do roupeiro social e gratuíto ou das clases de apoio educativo.

Ademais, o Goberno municipal propuxo a concesión do premio Vigueses Distinguidos 2026 aos IES Alexandre Bóveda e Álvaro Cunqueiro.

 

Descargar todas as imaxes