Vigo alcanzou en xaneiro o 50 por cento de ocupación hoteleira
A ocupación media dos hoteis de Vigo constatou o pasado mes de xaneiro un incremento do 6 por cento con respecto a 2025 ata alcanzar o 50 por cento. “Un nivel altísimo porque xa é temporada baixa”, recalcou o alcalde.
Abel Caballero explicou este martes que o 48 por cento dos turistas que pernoitaron no mes de xaneiro nos hoteis de Vigo son nacionais e que destes o 19 por cento proceden de distintas localidades de Galicia.
Do total, o 33 por cento son visitantes internacionais, dos que o 44,2 por cento proceden de Portugal; o 5,23 por cento de Francia; o 4,8 por cento de Italia; o 35 por cento de Alemaña; o 3,25 por cento de Estados Unidos e o 2,5 por cento de Reino Unido.
“Vigo é xa para sempre unha potencia turística”, afirmou o rexedor tras debullar os primeiros datos de ocupación hoteleira de 2026.