O goberno local mantén operativos os dispositivos contra as inundacións
O Concello permanece vixiante a posibles inundacións dado que proseguen os temporais de choiva e ventos aínda que a cidade vai aguantando ben, dixo o alcalde. Actúase con Policía e Bombeiros, con dispositivos de atención e hoxe mesmo reuniuse de novo o CECOPAL (Centro de Coordinación Operativa Municipal). Desde o departamento de Medio Ambiente procederon a desatascar a Ponte de Muíño, nunha xornada na que se rexistrou unha inundación na zona da Ponte Romana.