Caballero traslada o apoio da cidade á comunidade educativa do Manuel Antonio
O Concello súmase á reclamación da comunidade educativa do CIFP Manuel Antonio que demanda solucións para poder manter a actividade educativa no tempo que duran as obras de mellora do centro. Segundo o rexedor, non se senten atendidos pola Xunta na súa petición de información sobre a seguridade das obras.
O alcalde reiterou a solidariedade de toda a cidade cos docentes e o alumnado do CIFP Manuel Antonio que esta mañá organizou unha concentración diante do centro para denunciar os problemas coas obras que están a realizarse nas instalacións. Caballero lembrou que o centro educativo leva tempo reclamando aulas alternativas para manter a actividade lectiva mentres se realizan as obras de reforma do edificio, que estaba en moi mal estado.
Segundo o que traslada a comunidade educativa, nestes momentos hai fungos, goteiras, equipos e espazos inutilizados prodúcense filtracións de materiais tóxicos, polo que o ambiente non é saudable.