O Goberno local impulsará a recuperación integral da praia da Punta
O alcalde anunciou un ambicioso proxecto de recuperación e mellora da praia da Punta, na parroquia de Teis, co obxectivo de consolidala como un novo espazo de referencia para o lecer, o baño e o goce do litoral. O elemento máis destacado da intervención será a creación dunha piscina no mar.
A actuación comezará pola mellora dos accesos. O Concello xa está a intervir na zona de paseo e entrada á praia, cunha actuación sobre unha superficie aproximada de 324 metros cadrados. A nova pavimentación será acorde coa contorna natural e incluirá a instalación de novo mobiliario urbano.
Nunha segunda fase, o proxecto contempla a instalación de espigóns destinados a favorecer que o vento acopie a area cara á praia, contribuíndo á súa conservación. Segundo explicou o rexedor, a praia sufriu no pasado unha perda moi importante de area, unha situación que na actualidade se atopa estabilizada. “Agora o que queremos é mellorar toda a praia e poñela en valor para Teis e para toda a cidade de Vigo”, sinalou.
O elemento máis destacado da intervención será a creación dunha piscina no mar. Trátase dunha infraestrutura integrada actuando como un proprio dique. “O que imos facer na Punta é un lugar espléndido para a praia, para o baño no mar e para o baño na piscina de auga mariña. Isto é para Teis e é para Vigo”, concluíu o alcalde.