luns, 2 feb 2026
O alcalde anunciou un ambicioso proxecto de recuperación e mellora da praia da Punta, na parroquia de Teis, co obxectivo de consolidala como un novo espazo de referencia para o lecer, o baño e o goce do litoral. O elemento máis destacado da intervención será a creación dunha piscina no mar.
luns, 2 feb 2026
A igrexa románica de Castrelos acolleu un ano máis a romaría das Candelas, a primeira do ano na cidade, que comezou con actuacións musicais e misa coa tradicional solta das pombas. Ao finalizar, o alcalde participou na entrega de premios ás avoas e avós da parroquia e desexou a tódalas persoas presentes que gozasen da "magnífica celebración", agradecendo á Asociación de Festas e Cultura de Castrelos "As Candelas e San Blas” o seu traballo na organización.
luns, 2 feb 2026
Os alcaldes de Vigo e Celaya, Abel Caballero e Juan Miguel Ramírez Sánchez, reforzan por vía telemática o irmandamento acordado hai doce anos, así como as relacións económicas, culturais e persoais entre as cidades galega e mexicana.
luns, 2 feb 2026
O Concello permanece vixiante a posibles inundacións dado que proseguen os temporais de choiva e ventos aínda que a cidade vai aguantando ben, dixo o alcalde. Actúase con Policía e Bombeiros, con dispositivos de atención e hoxe mesmo reuniuse de novo o CECOPAL (Centro de Coordinación Operativa Municipal). Desde o departamento de Medio Ambiente procederon a desatascar a Ponte de Muíño, nunha xornada na que se rexistrou unha inundación na zona da Ponte Romana.
luns, 2 feb 2026
A Casa das Mulleres de Vigo inicia mañá as actividades organizadas polo Concello para o primeiro semestre de 2026.
luns, 2 feb 2026
O Concello súmase á reclamación da comunidade educativa do CIFP Manuel Antonio que demanda solucións para poder manter a actividade educativa no tempo que duran as obras de mellora do centro. Segundo o rexedor, non se senten atendidos pola Xunta na súa petición de información sobre a seguridade das obras.