O Concello desprega a pancarta do 25N "Contra o negacionismo da violencia machista"

martes, 10 nov 2026

A fachada principal do casa consistorial mostra desde hoxe a pancarta xigante coa mensaxe central do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: “Contra o negacionismo da violencia machista”. A despregadura da lona contou coa presenza do alcalde, da tenente de alcalde, Carmela Silva e da concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, así como de integrantes do Consello Municipal da Muller.

O Goberno municipal outorga 45.000 euros para fomentar o deporte feminino

luns, 21 set 2026

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar a resolución da convocatoria de subvencións coa que 79 entidades deportivas sen ánimo de lucro que traballan na cidade recibirán axudas para fomentar o deporte feminino. O Goberno municipal quere contribuír, con este programa, a financiar os gastos ocasionados no desenvolvemento da actividade dos clubs que promoven o deporte feminino.