O Goberno de Vigo dedica 90.000 euros á promoción das mulleres
A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar as subvencións a 38 entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades e programas de promoción das mulleres cun orzamento superior aos 90.000 euros.
O alcalde informou da concesión de 38 axudas de ata 3.000 euros a entidades viguesas que traballan a prol da promoción da mulleres de diferentes maneiras. Con este programa, o Concello quere apoiar o asociacionismo para fomentar a participación feminina con accións positivas que permitan alcanzar a igualdade de oportunidades en diversos ámbitos da sociedade, especialmente na prevención e combate da violencia de xénero, a educación en igualdade, a corresponsabilidade, o empoderamento e o fomento da participación social.