Escoitar

O Goberno municipal apoia o "Festival Internacional Vertixe 14", de creación musical contemporánea

A Xunta de Goberno aprobou o venres unha subvención de 7.000 euros para que a Asociación Cultural Vertixe promocione a música a través dun programa de concertos que ofrece unha visión ampla da creación sonora internacional. Amais dedica 40.000 euros ao Concurso Internacional de Piano.

martes, 22 set 2026

Abel Caballero explicou este martes que a edición de 2026 do Festival Internacional Vertixe ofrecerá 16 concertos e espectáculos de danza, dos que cinco son en Vigo, entre o 26 de setembro e o 3 de decembro.

Os auditorios do Museo MARCO e do conservatorio Martín Códax serán os escenarios dos concertos. O alcalde remarcou a participación de intérpretes de música contemporánea de Arxentina, Italia, Alemaña, España e de Galicia.

Concurso de piano

O Goberno municipal tamén aprobou a subvención de 40.000 euros para a décima edición do Concurso Internacional de Piano celebrado do 8 ao 14 de agosto.

Caballero destacou a presenza do actor Jeremy Irons durante o concerto a catro mans. “Foi memorable e iso é o que queremos que suceda en Vigo, música ao máis alto nivel que se pode practicar en ningún lugar”, afirmou.

Descargar todas as imaxes