Escoitar

Aberto o prazo para participar no Vigo Dance Festival, os días 7 e 8 de novembro

O alcalde destacou hoxe o éxito da edición da pasada primavera coa participación de 32 escolas, 1.836 bailaríns sobre o escenario e a representación de 134 espectáculos.

luns, 21 set 2026

Abel Caballero avanzou este luns a nova edición de “Vigo Dance Festival” que a primeira fin de semana de novembro encherá o Auditorio Mar de Vigo de bailaríns procedentes de distintas escolas de danza da cidade.
O rexedor valorou o éxito de convocatoria da última edición, a pasada primavera na que se sumaron 32 escolas e 1.836 bailaríns que representaron 134 espectáculos. 

A directora do festival, Marta Díaz, presidenta de Coreomagazine, destacou o crecemento na participación rexistrada nas últimas convocatorias e a apertura do período de inscrición, á vez que trasladou o agradecemento da organización ao Concello por seguir apoiando a continuidade dun evento gratuíto tanto para os bailaríns participantes como para o público. "Vigo está a crecer moitísimo en danza e somos foco de grandes organizacións de eventos que se interesan por nós”, afirmou.

A información completa do evento está na web https://www.coreomagazine.com/vigo-dance-festival 

Descargar todas as imaxes