A Oficina Municipal de Voluntariado abre sete cursos de formación
A proposta inclúe diferentes cursos orientados a ampliar coñecementos, adquirir novas ferramentas e mellorar as habilidades necesarias para participar de forma activa e responsable en accións de voluntariado en diferentes ámbitos.
Durante os meses de outubro e novembro, as aulas da Oficina Municipal de Distrito de Bouzas acollen os sete cursos gratuítos para persoas voluntarias, no marco da celebración do Ano Internacional do Voluntariado 2026.
A formación está orientada tanto a persoas voluntarias como a aquelas interesadas en iniciarse no voluntariado, unha maneira de poñer en valor o compromiso e a participación das persoas como ferramenta de transformación social e crear unha rede de persoas comprometidas coa súa cidade.
Oferta formativa:
- 6 e 7 de outubro: Curso básico de iniciación ao voluntariado
-13 e 14 de outubro: Novas adicións. Prevención, detección e intervención desde o voluntariado
-19 e 20 de outubro: Reducindo a fenda dixital: IA e acompañamento tecnolóxico.
27 e 28 de outubro: Voluntariado de apoio á cidadanía en situacións de emerxencia social.
-5 e 6 de novembro: Habilidades de acompañamento emocional e afectivo a persoas maiores. Claves para o voluntariado
-10 e 11 de novembro: Soporte vital e primeiros auxilios avanzados
-18 de novembro: Voluntariado e interculturalidade. Recursos para a inclusión de persoas migrantes
As persoas interesadas en participar poderán consultar a programación e inscribirse chamando ao teléfono de información municipal 010.