Escoitar

Caballero urxe á Deputación os 3,8 millóns das humanizacións de Rosalía de Castro e Doutor Carracido

O alcalde remarcou este xoves que a execución do proxecto do Goberno Municipal para humanizar as dúas rúas dilátase no tempo pola negativa da institución provincial a asinar os dous convenios que fixan o cofinanciamento pactado para mellorar dous importantes ámbitos da cidade.

xoves, 17 set 2026

Abel Caballero recordou que o Concello de Vigo remitiu hai máis dun ano a proposta de convenio á Deputación de Pontevedra “e aínda non o asinaron porque non queren que humanicemos Rosalía de Castro e Doutor Carracido”.

O rexedor incidiu na negativa dos responsables da administración provincial a cumprir “os seus compromisos e obrigas” en Vigo. “Teñen que pagar o que nos deben”, recalcou ao lembrar que os 3,8 millóns pendentes polas dúas humanizacións correspóndense co convenio que compromete 5 millóns anuais para distintas obras. “Vigo dálle á Deputación, a través do Goberno de España, 95 millóns e teñen que poñer na cidade 5 millóns e non os poñen”, incidiu.

Caballero lembrou que a humanizacións das rúas Rosalía de Castro e Doutor Carracido xa deberían estar rematadas.

Descargar todas as imaxes