“Vigo cidade de cor” suma 15 obras de arte na súa duodécima edición
O alcalde e Carmela Silva visitaron este mércores o mural do colexio María Inmaculada na rúa Vázquez Varela, logo do remate dos traballos de pintado. Finaliza así a duodécima edición do programa municipal de arte ao aire libre.
“Vigo cidade de cor” pecha esta edición coa creación de 15 novos murais, 13 novas actuacións e 2 que foron restaurados, cun investimento de máis de 200.000 euros. O Concello está transformando espazos urbanos mediante a creación artística, revitalizando a contorna urbana e comercial da cidade e mellorando a paisaxe coa posta en valor o patrimonio local.
Con máis de 190 actuacións, o programa municipal “está convertendo a Vigo en cidade de arte na rúa. Somo unha cidade referencial de murais en toda España”, apunta o alcalde, tras visita o traballo realizado no colexio María Inmaculada, na rúa Vázquez Varela, obra de Cristina Pino e Gustavo Suasnábar, que levan máis de 20 anos de traballo como taller colectivo, con exposicións en Arxentina e España.
Obras do XII programa “Vigo cidade de cor”:
-Pista Polideportiva de Teis: Laura Álvarez
-Pista Deportiva Anduriña: Colectivo Imperdible
-Pista Deportiva Verderol (Calvario): María Corrales
-Rúa Tomás Alonso 188: Liqen
-Avenida Castelao 30: Tirso Paz (Buble gum)
-Rúa Pardillo 5: Iria Prol
-Rúa Toxal 17: Habraham Barrios
-Camiño Cordoeira 3: Vanesa Álvarez
-Muros das escaleiras de Vázquez Varela: Raquel de la Coba
-Escaleiras rúa Colombia (barrio de Ribadavia): Roberto Argüelles
-Barrio de Ribadavia, refacer mural: David Lorenzo
-Asociación Veciñal de Lavadores, refacer mural: Anthony
-Rúa Hispanidade
-Rúa Cataluña 40: Jackeline de Montaigne