A Orquestra Clásica de Vigo estrea a tempada 2026-2027 cun concerto para dous pianos de Mozart
A programación do próximo semestre inclúe concertos, conferencias e unha representación de ballet, no Auditorio Municipal, no teatro Afundación e na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios.
O alcalde presentou este martes, cos directores da Orquestra Clásica de Vigo, Manuel Martínez Álvarez-Nava e Manuel Martínez Torres, e cos concelleiros de Cultura e de Turismo, Gorka Gómez e María Lago, a décima edición da programación da Orquestra Clásica que comezará o sábado 17 de outubro e prolongarase, cun concerto mensual, ata abril de 2027.
Abel Caballero destacou o “´éxito extraordinario” dos concertos programados pola Orquestra Claśica de Vigo e animou a asistir a cada unha das citas musicais.
Manuel Martínez Torres, director técnico da Orquestra Clásica de Vigo, puxo en valor a “ambición” do programa deseñado para sorprender ao público. Lembrou que ao longo de 10 anos de programación organizaron co Concello máis de 300 concertos que contaron coa asistencia de máis de 4.000 espectadores.
Concertos
• Venres 17 de outubro. Concerto para dous pianos de Mozart no Teatro Afundación.
• Mércores 30 de decembro. Concerto extraordinario de Nadal 2026: Shostakovich, no Teatro Afundación
• Sábado 9 de xaneiro de 2027. Concerto “O Capellmeister imperfecto; caprichos do Barroco alemán”. Auditorio Municipal de Vigo.
• Mércores 10 de febreiro. Concerto “O emperador”, de Beethoven. Teatro Afundación.
• Sábado 13 de marzo. Os violíns–corneta: Os instrumentos de corda “Stroh”. Auditorio do MARCO.
• Sábado 10 de abril: “A casamenteira. Un ballet romántico galego” . Teatro Afundación.
• Sábado 22 de maio: concerto de Brahms e Mendelssohn, no Teatro Afundación.
Conferencias
. As pegadas do son. Mércores 10 de marzo. Conferencia de Aleksander Kolkowsky
. O universo de Marcial do Adalid:
- Mércores 1 de abril. Lara Touriñán. EMAO
- Martes 6 de abril. Alejo Amoedo. Teatro Afundación.
- Mércores 7 de abril. “A casamenteira”: presentación e encontro con artistas. EMAO.