Escoitar

O Concello abre a oferta formativa en competencias dixitais para persoas maiores

Abel Caballero deu conta este luns do inicio dos cursos de competencias dixitais para maiores de 65 anos que se impartirán nos centros cívicos e serán completamente gratuítos con aprendizaxe 100% práctica.

luns, 14 set 2026
Cartel informativo dos cursos
Cartel informativo dos cursos

No marco do programa “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”, o Goberno municipal ofrece formación no uso das novas tecnoloxías “co obxectivo de que as persoas maiores poidan realizar de forma autónoma xestións administrativas e cotiás básicas” e relacionarse coas súas familias e amizades, tal e como explicou o alcalde.

Accións como pedir cita médica, consultar o historial clínico, xestións básicas co Concello, videochamadas...serán algunhas das aprendizaxes 100% prácticas do alumnado, que empregará teléfonos móbiles, smartphones e ordenadores.

Os cursos, pensados para persoas empadroadas en Vigo, son completamente gratuítos e terán 3 meses de duración. Van impartirse en varios centros cívicos: Teis, Coruxo, Bouzas, Centro de formación da Rúa Alta e Centro Cívico do Casco Vello.

A inscrición pode facerse no teléfono municipal de información 010 ou nos propios centros cívicos.

Descargar todas as imaxes