O Goberno municipal suma o edificio de Colón 31 ao catálogo de inmobles rehabilitados no Ensanche
O Ensanche de Vigo contará cun novo edificio rehabilitado no número 31 da rúa Colón. O inmoble contará con 5 vivendas, 2 oficinas e un baixo comercial.
A Xerencia de Urbanismo concedeu a licenza para rehabilitar un edificio situado na rúa Colón, 31. Os promotores, segundo explicou Abel Caballero, presentaron un proxecto reformado respecto da licenza entregada en 2018.
Trátase, explicou, dun edificio catalogado no que non se pode alterar o volume, nin incidir sobre as fachadas, patios, portal ou escaleira xeral de comunicación. Deben de preservarse os elementos básicos de organización das plantas.
O orzamento de execución material é de 1.016.700 euros cunha superficie construída de 1.622 m² que finalizará nun edificio composto de 5 vivendas, 2 oficinas e un baixo comercial.
O Concello, deste xeito, continúa favorecendo a rehabilitación e o uso dos edificios históricos del Ensanche, concluíu o rexedor.