xoves, 17 setembro 2026

VigoCultura regresa en outubro con 27 propostas de artes escénicas

xoves, 17 set 2026

A programación deste segundo semestre desenvolverase do 2 de outubro ao 29 de novembro, con 16 espectáculos para adultos e 9 para público familiar. As entradas e abonos poderán adquirirse a través da web de Giglon e na papelería Folder Progreso a partir do luns 21 de setembro ás 10 horas. Tamén o mesmo día do espectáculo sempre que haxa entradas dispoñibles. O alcalde destacou a aposta municipal por manter prezos “moi accesibles” e fortemente subvencionados, co obxectivo de que a capacidade económica non sexa unha limitación para acceder á cultura.

O Goberno municipal reparará o depósito de auga do Castro

xoves, 17 set 2026

A Xunta de Goberno Local dará luz verde á encomenda a Aqualia para redactar o proxecto de mellora dun depósito “importantísimo no sistema de abastecemento de Vigo”. Tamén se aprobará a tramitación da renovación das redes de abastecemento e saneamento de Coia.