venres, 18 set 2026
O alcalde explicou que a primeira actuación permitirá retranquear o paseo cara ao interior para recuperar máis superficie de duna e gañar espazo para a praia. A Xunta de Goberno acepta a concesión do dominio público marítimo-terrestre que permitirá ao Concello executar a primeira fase da rexeneración ambiental e humanización do areal.
venres, 18 set 2026
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bases reguladoras e a convocatoria da selección de candidatos do Vigo Emprega 2026, o Plan Municipal de Emprego para fomentar a inserción laboral das persoas desempregadas.
venres, 18 set 2026
O Concello aprobará a semana que vén a licitación do concurso de ideas que permitirá avanzar no proceso de transformación da Praza de España. O obxectivo é definir axeitadamente a imaxe urbana e o acabado que contribúa a una real transformación estética e funcional da Plaza e todo o entorno, uns 43.500 metros cadrados.
venres, 18 set 2026
En paralelo, continúa a instalación dos tramos da estrutura metálica que sostén a cuberta na metade máis próxima a Tribuna. O Concello mantén o remate da obra para finais de 2026 e traballa para tratar de poñela en funcionamento a comezos de xaneiro.
venres, 18 set 2026
O alcalde saudou esta mañá en Porta do Sol ao cineasta estadounidense Lloyd Kaufman, fundador de Troma Entertainment e creador de The Toxic Avenger, convidado de honra da décima edición do Galician Freaky Film Festival. Durante o encontro abordaron a conexión cultural entre Vigo e Nova York e a traxectoria e influencia internacional de Kaufman no cinema independente e de serie B. O director visita Vigo no marco do festival, que se celebra na cidade do 17 ao 26 de setembro, e no que recibirá un premio honorífico pola súa traxectoria. Kaufman é unha das figuras de referencia do cinema underground estadounidense e a súa obra exerceu influencia sobre posteriores xeracións de cineastas. O Concello mantén o seu apoio ao Galician Freaky Film Festival, ao que destina 6.000 euros nos orzamentos municipais de 2026 dentro das achegas ás entidades e festivais culturais da cidade.
venres, 18 set 2026
A proposta inclúe diferentes cursos orientados a ampliar coñecementos, adquirir novas ferramentas e mellorar as habilidades necesarias para participar de forma activa e responsable en accións de voluntariado en diferentes ámbitos.
venres, 18 set 2026
O alcalde trasladou hoxe a Guillermo Huelín e Angel Montero, xefe da área de protocolo e do gabinete da ministra de Defensa, respectivamente, o “orgullo” da cidade por ser, os días 28, 29 e 30 de maio, o escenario da principal celebración das Forzas Armadas españolas. Ao recoller o cadro, que mostra en primeiro plano o escudo da bandeira, o rexedor remarcou que as súas maxestades, Felipe VI e Letizia Ortiz, felicitárono pola acollida da cidade á celebración do Día das Forzas Armadas.