O Concello non repercutirá nos recibos a nova suba do 3,5% do canon de Sogama

martes, 3 nov 2026

Abel Caballero denunciou este martes a nova actualización do canon de Sogama prevista para 2027, que se incrementará un 3,5%. Segundo os cálculos municipais, o Concello terá que destinar 10,89 millóns de euros ao canon o próximo ano, 368.240 euros máis que en 2026. O alcalde avanzou que este novo incremento non se trasladará aos recibos da cidadanía e lembrou que Vigo manterá conxelados en 2027 todos os impostos e taxas municipais.

Caballero tende a man ao novo conselleiro de Medio Ambiente para construír a nova presa

martes, 27 out 2026

O alcalde expresou a súa confianza en que Nicolás Vázquez, nomeado onte titular da carteira medioambiental da Xunta, “entenda a imperiosa necesidade” de que Vigo conte coa presa augas arriba de Eiras, no río Oitavén, que foi acordada entre o Goberno, a Xunta e o Concello, para afrontar os episodios de seca que afectan a toda a área. “Creo que é o momento de tomar esta decisión imprescindible para todo o territorio” que se abastece de Eiras, recalcou.