Aprazada a ruta deste domingo polo Monte Galiñeiro por mor das choivas

venres, 17 out 2025

O Concello informa de que, por mor da previsión climatolóxica adversa prevista para este domingo, queda aprazado o percorrido medioambiental polo Monte Galiñeiro, trasladándose para o domingo 2 de novembro no mesmo horario. Aquelas persoas inscritas manterán a súa praza. No caso de que non poidan asistir na nova data poderán renunciar no 010 durante a próxima semana de cara a abrir un novo prazo de inscrición coas prazas vacantes.

Caballero participa na inauguración dunha mostra sobre os parques nacionais

martes, 2 set 2025

Organizada polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais e Afundación; co apoio do Concello e Grupo Tragsa; e realizada por Lunwerg, a mostra a pé de rúa «Parques Nacionais» revaloriza o traballo de conservación realizado nestas contornas e a súa importancia para o futuro da nosa biodiversidade. En total, reúne 93 impactantes imaxes, gañadoras ou finalistas do concurso nacional de fotografía FOTOPARQUES, que nos achegan a algúns dos lugares e detalles máis sorprendentes destes espazos naturais. A exposición poderase contemplar na rúa do Príncipe ata o próximo 30 de setembro.