Escoitar

O Auditorio Municipal acollerá a finais de marzo o "V Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio climático"

O Auditorio Municipal acollerá os días 24, 25 e 26 de marzo as tres conferencias do “V Ciclo de de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático” organizado entre o Concello de Vigo e o Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia. A concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, anima a asistir a unhas das maiores conferencias ambientais que se van a desenvolver este ano Vigo.

venres, 27 feb 2026

A concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, destacou este venres a proxección dos tres conferenciantes que participan na nova edición do Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático: Odile Rodríguez de la Fuente; Alex Txikon e Mariano Baratech.

O presidente do Club Peña Trevinca, Lois Faro, puxo en valor a divulgación dos valores mediambientales e os problemas do cambio climático nun escenario marcado polo discurso negacionista. Pola súa banda, Cristina Fernández, vogal de Medio Ambiente do Club Peña Trevinca, explicou que as tres xornadas viran ao redor da montaña, o medio ambiente e o cambio climático.

Programa

A primeira conferenencia terá lugar o martes 24 coa intervención dun dos mellores alpinistas internacionais, Alex Txikon, que acumula máis de 30 expedicións de inverno e ha consquistado 11 dos 14 “ochomiles” .”É un referente pola súa coherencia vital porque é o único alpinista do mundo que lidera de forma ininterrompida desde 2011 expedicións de inverno ao Himalaya e ascendendo aos 3 cumios sen asistencia de osíxeno artificial”.  Na súa conferencia abordará a resilencia dos montañeiros.

O mércores 25 Odile Rodríguez de la Fuente, filla do desaparecido naturalista, pronunciará a conferencia “O home e a terra” abordará a complexidade do planeta e da nosa especie e do legado do seu proxenitor.

O xoves 26 o director da serie documentaalal “Hope”, Mariano Baratech, explicará as iniciativas que están en marcha para afrontar o cambio climático para demostrar que “estamos a tempo se se unen conocimento, vontade política e o compromiso social”.

 

 

 

Descargar todas as imaxes